Democratizando a AI con Sergio Dacal

Unha das virtudes dos bos proxectos Maker é que achegan á realidade, e dunha forma  entendible, tecnoloxías que doutra maneira serían moi difíciles de aterrar. Ademais, se falamos de tecnoloxías disruptivas no momento actual, habería que falar da Intelixencia Artificial.

Aplicando un siloxismo básico, que mellor que un Maker de referencia nos axude a entender esta tecnoloxía tan complexa :)

O vindeiro venres 24 de setembro ás 16:00h (hora en España), teremos connosco a Sergio  Dacal, 2º clasificado na última edición da Maker Faire Galicia. Sergio achegaranos esta tecnoloxía e compartirá durante unha hora o seu coñecemento coa Comunidade MFG.

Esperámosvos!

Acceso á charla