Solucións tecnolóxicas para a dixitalización industrial

Desde  Maker  Faire Galicia somos conscientes de que o ecosistema industrial está cada vez máis preocupado pola eficiencia, a sustentabilidade e a produtividade. Estes obxectivos, en moitas ocasións, abórdanse coa implementación de ferramentas e produtos tecnolóxicos.

Con todo, non sempre é sinxelo buscar solucións nun mercado infestado de provedores tan variados. De feito, en moitos casos, o principal problema que teñen é distinguir aquelas ferramentas que son máis interesantes para elas, e priorizar a súa implantación.

O vindeiro martes 26 de outubro ás 09:00 h (hora en España), contaremos coa participación nunha mesa redonda de 4 compañías de referencia como son  Situm,  Lupeon,  Teimas e  Docuten. Baixo o nome “Solucións tecnolóxicas para a dixitalización industrial”, esta mesa redonda ten como obxectivo identificar os principais retos e preocupacións aos que se enfrontan as empresas do sector industrial.

Víctor Álvarez, Luís  Mandayo, Miguel Varela e Daniel  Cerqueiro lanzarán algo de luz sobre as distintas solucións tecnolóxicas que poden axudarlles a alcanzar os seus obxectivos estratéxicos. Esperámosvos!