Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

AI-Gen Magazine é a primeira revista creada por e “para” intelixencias artificiais. Un experimento artístico transmedia que ten como obxectivo mostrar o potencial “creativo” das IAs.

AI-Gen busca atopar elementos culturais “xenuínos” propios das IAs pedindo a estas ferramentas que xeren distintos contidos e discursos para “si mesmas”; mostrando así o interese destas ferramentas, máis aló da optimización, como unha forma de chegar a cousas que non se poderían alcanzar doutro xeito.

Na charla falarase sobre o proceso de creación da revista, reflexións ao redor da IA na arte e mostraranse as súas limitacións, problemas e posibilidades no mundo artístico.

 

Colectivo Mariola

Ponentes

Cristina Chiarroni

https://aigenmagazine.com/

Mariola é un colectivo artístico formado por Cristina Chiarroni e Roquekes. A súa produción artística caracterízase por hibridar a interactividade e os xogos coa linguaxe dixital e as novas tecnoloxías.

No último ano, participaron en exposicións e eventos en MMMAD Festival, INTERSECCIÓN. Contemporary Audiovisual Art Festival e o museo MEGA Mundo Estrela Galicia.


Roquekes


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online