Charlas

Sen inscrición previa    16:00 - 16:30

Contido gravado

Ponentes

Alexandre García Caballero

Psiquiatra e doutor en medicina cunha tese sobre neuropsicoloxía das demencias.

En 2012 escomezou o deseño dun programa de rehabilitación para cognición social chamado e-motionaltraining que foi financiado polo programa PRIS I da Xunta en concurrencia competitiva. e-motionaltraining recibiu numerosos premios incluindo o II premio nacional e- VIA en 2015 ao mellor proxecto en e-Health, o premio ao mellor videoxogo de saúde 2016 por Second Chance ou o Premio Albert Jovell de Humanización en medicina 2018.O programa segue en uso financiado polo Plan Nacional Sobre Drogas cun proxecto de investigación internacional.

No 2019 foi IP do programa STARS- PCP un proxecto para reducción de estrés psicolóxico en doentes cirúrxicos. Esta experiencia de equipo foi fundamental para o deseño da plataforma COPERIA, financiada por GAIN, un instrumento online para a monitorización e a rehabilitación en remoto física, respiratoria e cognitiva dos doentes con COVID Persistente.

O doutor García Caballero foi profesor asociado de psiquiatría da USC. É coautor de numerosos artigos internacionais en revistas JCR e dirixiu 3 teses de doutoramento.

Ademais leva 25 anos traballando como psiquiatra no SERGAS.

Neste momento é coordinador dos programas de prevención e promoción da sáude mental da Xunta de Galicia.


 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online