Como é o proceso de creación dun estudio de videoxogos independente en Galicia? E como facer para que o teu xogo interese ata na Patagonia? Falaremos das fases polo que pasou Aruma Studios: dende o xerme da idea ata que se converteu en realidade.
Silvia Izquierdo e Rubén López son os fundadores de Aruma Studios. A súa paixón é desenvolver xogos con historias atractivas cos que teñas que darlle voltas á cabeza.
Silvia estudiou Publicidade e RR.PP. cun mestrado en Produción e Xestión Audiovisual traballando posteriormente no departamento de produción de TVSiete ou Filmax Galicia así como coordinando a Asociación de empresarios de Padrón.
Rubén formouse como enxeñeiro en informática. Comezóu a sua carreira como investigador en computación gráfica. Máis adiante liderou o I+D en Filmax Galicia desenvolvendo software para producións CGI. Antes da creación de Aruma Studios ficou 9 anos en Google Zürich, traballando en GMail, Google Maps e YouTube.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online