Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Todo fai indicar que esta pandemia podería xerar unha revolución no mundo científico-tecnolóxico e un dos ámbitos dos que sen dúbida formarán parte da mesma é o da biotecnoloxía.

Co desenvolvemento das vacinas abriuse o melón dun debate moi interesante acerca da liberación das patentes no ámbito da saúde, o soño de todo biomaker. Destes e outros temas falaremos nesta mesa que promete emocións fortes e que servirá para inaugurar a xornada dedicada á biotecnoloxía.

 

Ponentes

Lucía Castro

Lucía estudou química e doutorouse en materiais pola universidade de Oxford. Dedicou 15 anos á consultora estratéxica para a industria agroalimentaria e a da química renovable. Retorna a Galicia da man de Mestrelab Research, onde se encarga de financiamento público e asuntos regulatorios. En xullo de 2020 incorpórase a DATAlife, o Hub de Innovación Dixital de Galicia para as Ciencias da Vida, como xerente.

 


Pablo Álvarez

Profesional con máis de 20 anos de experiencia, executive MBA e enxeñeiro informático de formación, empresario e xestor de corazón. Comezos profesionais en Deloitte como consultor SAP, carreira que amplía ata a dirección TIC de Infinita Renovables no 2009, data a partir da cal arrinca varios proxectos propios de diferente índole, uníndose en finais de 2018 como adxunto ao CEO de Zendal onde realiza labores de estratexia, desenvolvemento de negocio, director do proxecto estratéxico de dixitalización de todo o grupo, procura, investimento e acompañamento a startups, responsable de innovación e director da Fundación Mentor que preside Andrés Fernandez. Actualmente ocupa a presidencia de DIH DATAlife en representación de ZENDAL.


Beatriz Palomo

Descrición Beatriz Palomo é licenciada en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Así mesmo posúe un Master de Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos da  U.N.E.D e un Master de Farmacoeconomia e Acceso ao Mercado da Universidade Carlos III. Traballou como técnico do laboratorio de química da Universidade Alfonso X o Sabio e na área de subvencións da Consultora Medina, Terrón e Asociados, actualmente chamada Biolty, onde solicitaba diversas axudas nacionais e internacionais.

Actualmente e desde fai máis de dez anos traballa na Asociación Española de  Bioempresas, primeiro como técnico de proxectos e despois como responsable de proxectos xestionando proxectos e traballando tanto na execución dos mesmos como na xestión técnica e económica. Tamén coordina a Comisión de saúde da Asociación e é punto nacional de contacto empresarial da iniciativa europea Xenoma un millón.

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online