Os/as makers competirán por conseguir un dos premios da xornada.
Terán 3 minutos para presentar o seu proxecto e convencer ao xurado de que o seu é un dos mellores. De todos os proxectos presentados os 3 mellores participarán no pitch final do xoves pola tarde.
Por culpa do meu interese na tecnoloxía e nos coches fundei Diariomotor hai moitos anos, un proxecto que agora forma parte de Atresmedia. Polo camiño, intereseime por achegarme aos animais como Auxiliar Veterinario, botar unha man con consellos e investimento a startups, e apoiar á nosa pequena comunidade galega
Enxeñeira Química especializada en procesos químicos e bioquímicos, e triplo máster en prevención de riscos laborais, sistemas de xestión da calidade e xestión de sistemas ambientais. Conto con varios anos de experiencia en I+D no sector da construción e na área de loxística. Actualmente son Project Manager en Innovación en Servicio Móvil S.A.U. onde avalío e participo no deseño e desenvolvemento de novos produtos, servizos e na posta en marcha de proxectos piloto, elaborando plans de proxectos detallados, cronogramas, custos e xestionando os cambios no alcance dos proxectos.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo, Programa Executive en Customer Experience Management por ESIC, MBA Executive en dirección de RRHH pola Cámara de Comercio de Xixón e Experta en Orientación Laboral por Anced, entre outras formacións. Desde abril de 2021 é Directora Zona Noroeste en APD onde comezou en 2012 como directora da delegación de Asturias. APD é unha organización con máis de 65 anos de historia no ámbito empresarial, desenvolvendo actividades de formación e información encamiñadas ao desenvolvemento profesional de directivos, así como ao debate e a reflexión nunha contorna de networking. Conta con máis de 20 anos de traxectoria profesional vinculados ao ámbito da formación e desenvolvemento directivo en entidades como a Cámara de Comercio de Xixón, Fundación Escola de Negocios de Asturias e desde o 2012 en APD.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online