http://www.macarenamontesinos.com/
Violonchelista, artista visual e investigadora, Macarena Montesinos Fandiño (Vigo, 1982) destaca por ser unha artista fronteiriza que traballa desde a arte sonora, a performance, as artes escénicas e o audiovisual.
Integrante de múltiples formacións de improvisación e música experimental como o cuarteto de corda Suelen Estar Quartet, Límbico, Fonogenia, Orquesta Galega de Liberación ou a desaparecida OMEGa. Ata a data ten mais dunha ducia de discos publicados en selos europeos e americanos como CreativeSources (PT), Pan y Rosas (EE.UU) ou Setola de Maiale (IT).
Realizou múltiples residencias artísticas de investigación en Galicia, España, Alemaña, Suíza e Portugal. Actualmente é investigadora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre as partituras gráficas e a improvisación sonora.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online