Charlas

Sen inscrición previa    10:00 - 10:45

Contido gravado

Ponentes

Miguel Varela

https://www.teimas.com/es

Miguel Varela é socio fundador e CEO de TEIMAS, empresa especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a xestión de residuos, enfocadas no cumprimento normativo, a  trazabilidad de datos e o desenvolvemento de estratexias de sustentabilidade ambiental.

Enxeñeiro informático pola Universidade da Coruña, é fundador do grupo de debate do sector ambiental Laboratorio de Ideas de Residuos (LIR) e do portal de noticias gestoresderesiduos.org. Conta con experiencia docente, como profesor do Master sobre xestión de residuos da Universidade Autónoma de Madrid, e participa de maneira regular como relatora en encontros sobre dixitalización e sustentabilidade ambiental. Desde 2015 colabora con Hablando en vidrio, blogue sobre  medioambiente e reciclaxe.

 


María Caeiro

https://www.grupocaeiro.es/

Conselleira Delegada Grupo Caeiro. Mentora


Sara Torreiro

https://www.casagrandexanceda.com/

Sara Torreiro é xornalista de formación pero comunicadora de corazón. Na actualidade é a responsable de Marketing e Comunicación de Casa Grande de Xanceda. Representante de vacas a tempo completo, conta cos 6 mastíns da granxa que lle fan de CANsultores. Ademais da parte máis marketiniana, tamén se ocupa da Responsabilidade Social Corporativa da marca. Podes atopala na oficina ou polas corredoiras e pastos de Xanceda retratando ás 300 raíñas da granxa, paxaros, píntegas, ras… O seu segredo inconfesable é que de cativa lle tiña pánico ao que agora é o seu animal totémico: as vacas.


Cecilia Mariño

https://zendal.com/

Traxectoria de máis de 20 anos en recursos humanos; tiven a oportunidade de xestionar este departamento en grandes empresas, representativas todos eles de sectores punteiros en Galicia.

A miña primeira posición directiva foi a de Frinsa, posteriormente en  Rodman  Polyships e desde fai 6 apaixonantes anos en ZENDAL. En decembro de 2019 asumín o reto da transformación dixital da compañía.


 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online