Que nos di a Ciencia sobre os videoxogos? Nun breve percorrido histórico abordaremos da man da evidencia científica actual algúns dos temas e debates máis candentes que rodean aos videoxogos, desmontando falsos mitos e aportando datos procedentes dos últimos estudos levados a cabo neste campo. Cales son os seus beneficios sobre o Sistema Nervioso Central? Inducen conductas violentas? Son adictivos? Unha ponencia para falar con rigorosidade e reflexionar.
Licenciado en Medicina e Cirurxía e Diplomado en Estudos Avanzados de Medicina Xenómica e Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela, Certificado de Aptitude Pedagóxica. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Dende 2014 exerce como Médico Coordinador na Fundación Pública de Emerxencias Sanitarias de Galicia - 061. Cofundador da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online