Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Nestes intres estamos a vivir a explosión da intelixencia artificial, unha tecnoloxía que vai cambiar o mundo de maneira radical.

Se normalmente a innovación vai por diante da regulación, nesta ocasión as características da propia tecnoloxía fan que esa distancia medre de maneira exponencial. Debido a iso, nos últimos meses, cada vez son máis as voces que piden unha parada no desenvolvemento da IA para pensar respecto diso de maneira conxunta e establecer mecanismos para que isto non se nos vaia das mans.

Para debater de todo isto e entender por onde pode ir o futuro desta tecnoloxía ou que problemáticas poden xurdir, configuramos unha mesa multidisciplinar con tres expertas nos campos da IA, o dereito e a filosofía.

Se non queredes quedarvos atrás non vola perdades!

Ponentes

Amparo Alonso

Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. Ademais, é licenciada en Química e doutora en Física pola USC, foi Posdoctoral Fellow no Medical College de Xeorxia (EEUU), onde traballou en temas relacionados co desenvolvemento de Sistemas expertos para aplicacións médicas.

Entre 2013 e 2021 foi presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial (AEPIA), e en 2020 comezou a formar parte recentemente constituído do Consello Asesor de Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Actualmente é a responsable do nodo IA na Cidade dás TIC, na Coruña, e traballou pola candidatura desta cidade para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión de IA, que finalmente resultou a elixida, en decembro pasado.


Bárbara Román

https://nolegaltech.com/

Xefaza en Nolegaltech, consultoría legal para empresas do ámbito tecnolóxico. Defensora do software libre e do open data, emprendedora, namorada das startups. Aínda que é avogada fala normal.


Ana María Alonso

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación polaUniversidade de Santiago e Doutora pola Universidade de A Coruña. Iniciou asúa vida laboral no ámbito da formación na Empresa (ENDESA), se ben a súatraxectoria profesional está vencellada fundamentalmente ao ensino daFilosofía na Educación Secundaria.


Colabora co Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e aTecnoloxía (CIFCYT) da Universidade de A Coruña (Campus de Ferrol) dendea súa fundación. Os seus temas de interese son, por una banda, as Cienciasde Deseño e a dimensión artificial da Educación e, por outra, a Axioloxía e aÉtica da Ciencia e a Tecnoloxía, en especial a Ética da Intelixencia Artificial.


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online