Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Os seres humanos levamos milenios usando máquinas e o mundo que construímos xa non funciona sen elas. Nas últimas décadas afixémonos a vivir rodeados de tecnoloxías de todo tipo e, case sen darnos conta, estamos agora inmersos nunha nova era. Unha era onde as transformacións radicais que conleva a Cuarta Revolución Industrial e o impacto que implica a Segunda revolución cuántica, obrígannos a reformular a nosa relación coas máquinas, é dicir, a redefinir o mundo que construímos.

Para adaptarse a cambios de consecuencias tan impredicibles a necesidade de construír unha Terceira Cultura xeral volveuse un asunto capital. Coñecer como a arte incorpora e interpreta a tecnoloxía pode facilitarnos unha relación amable, construtiva e mesmo produtiva á altura de tales cambios.

 

Ponentes

Rubén Ramos Balsa

Rubén Ramos Balsa ( Santiago de Compostela,1978) é Artista e tecnólogo galego residente en Singapur. Formado como investigador na Universidade de Vigo, leva máis de dúas décadas traballando na relación de arte e ciencia.

No seu traballo plástico experimentou coa tecnoloxía de maneira disruptiva, anticipándose coas súas propostas a moitos dos desenvolvementos que posteriormente terminaron formando parte da tecnoloxía de uso común. O seu traballo foi amosado en máis de 20 países, representando a España en varias ocasións en eventos de gran relevancia.


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online