Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Ponentes

Andrea Menéndez - Grovemakers

https://grovemakers.com/

A Asociación de Comerciantes e Creadores GROVEMAKERS nace en O Grove en 2018. O denominador común das marcas que conforman este colectivo é a creatividade.Entre os seus socios podemos atopar artesáns do coiro, deseñadores, serigrafistas, ilustradores, deseñadores de moda, editores de libros, etcétera.A asociación ten dúas vertentes principais: a comercial (organizando e participando en mercados afíns á súa filosofía creativa e dando a coñecer ás marcas asociadas) e a cultural (programando formacións en eidos artesanais e creativos, potenciando o patrimonio da súa vila ou alumeando eventos como Mulleres Creativas).Dous requisitos fundamentais son precisos para asociarse: ser de O Grove ou residir en el e ter un negocio (ou proto-negocio) que cumpla coas bases de creación, orixinalidade e artesanía. Un dos pilares da asociación é a dinamización do rural, defendendo que se temos que inventarnos un futuro, este debe ter fondas as súas raíces no noso pasado cultural.


Erea Rodríguez - Skeirrum

https://www.skeirrum.com/es/

Erea Rodríguez e Cintia Lomba crearon Skeirrum, unha empresa especializada en Street Escapes personalizadas, unha actividade que combina a emoción das buscas do tesouro con la lóxica e os enigmas das escape rooms.Cada experiencia Skeirrum conta cunha historia única e exclusiva, deseñada especialmente para a ocasión, o que permite aos participantes desenvolver habilidades transversais mentres se divirten e aprenden.

A temática das historias pode estar relacionada co patrimonio cultural, a gastronomía ou outros recursos do territorio, así como abordar temas específicos como o Día da Muller ou o cambio climático.Actualmente estamos moi emocionadas e motivadas traballando en varios proxectos, que van desde Skeirrums en barco ata colaboracións con empresas, incluíndo experiencias en centros educativos.

 


Raquel Veiga Teijeiro - Ás do social

http://www.atalaias.gal

Xunto coa miña socia e compañeira Noelia, adícome a crear proxectos coidadosos e sentidos, así como deseñar materiais e recursos que complementen as nosas intervencións e formacións socio-educativas.

Tras unha década de estudos e aprendizaxes: Curso de Especialización en Educación Emocional pola USC; posgrao de Experta Universitaria en Intervención Familiar pola UDC, e ampla formación e traballo en proxectos de coeducación e igualdade, prevención das violencias machistas, convivencia e prevención do acoso escolar, mediación de conflitos, así como coeducación emocional e sexualidade integral; acompaño á infancia, adolescencia e grupos de mulleres e familias en diferentes contextos e espazos educativos, co obxectivo de re-construír unha sociedade máis libre e igualitaria.

 


Margarita Ardao

Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online