Charlas

02/06/2022   13:00 - 13:15

Só presencial

Ponentes

Oscar Miguel Bandín

https://oscarmiguelbandin.es/

Por culpa do meu interese na tecnoloxía e nos coches fundei Diariomotor hai moitos anos, un proxecto que agora forma parte de Atresmedia. Polo camiño, intereseime por achegarme aos animais como Auxiliar Veterinario, botar unha man con consellos e investimento a startups, e apoiar á nosa pequena comunidade galega


Ana Pérez Lobato

https://serviciomovil.com/

Enxeñeira Química especializada en procesos químicos e bioquímicos, e triplo máster en prevención de riscos laborais, sistemas de xestión da calidade e xestión de sistemas ambientais. Conto con varios anos de experiencia en I+D no sector da construción e na área de loxística. Actualmente son Project Manager en Innovación en Servicio Móvil S.A.U. onde avalío e participo no deseño e desenvolvemento de novos produtos, servizos e na posta en marcha de proxectos piloto, elaborando plans de proxectos detallados, cronogramas, custos e xestionando os cambios no alcance dos proxectos.


Ana Sánchez

https://www.apd.es/

Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo, Programa Executive en Customer  Experience  Management por ESIC, MBA Executive en dirección de RRHH pola Cámara de Comercio de Xixón e Experta en Orientación Laboral por Anced, entre outras formacións. Desde abril de 2021 é Directora Zona Noroeste en APD onde comezou en 2012 como directora da delegación de Asturias. APD é unha organización con máis de 65 anos de historia no ámbito empresarial, desenvolvendo actividades de formación e información encamiñadas ao desenvolvemento profesional de directivos, así como ao debate e a reflexión nunha contorna de networking. Conta con máis de 20 anos de traxectoria profesional vinculados ao ámbito da formación e desenvolvemento directivo en entidades como a Cámara de Comercio de Xixón, Fundación Escola de Negocios de Asturias e desde o 2012 en APD.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online