Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

O proxecto iPRODUCE, que conta coa axuda da UE, introduce un novo marco de  fabricacion social que inclúe ás empresas do sector dos bens de consumo, as súas redes de colaboración, os espazos maker, as comunidades DIY e outros actores de innovación que poidan influír a nivel local. Para iso, toma a forma de funcionar coñecida e ben probada dos FabLab e os enfoques maker, e introdúceos nos ecosistemas locais transformándose nun modelo de fabricación colaborativa grazas á instalación dun piloto de demostración (cMDF, polas súas siglas en inglés). Baixo o proxecto iPRODUCE, os cMDFs locais interconectaranse nunha estrutura organizativa flexible que permite o intercambio de coñecementos, así como o intercambio de recursos humanos e técnicos. En España, a rede está formada pola empresa de mobiliario Lagrama, o Instituto Tecnolóxico AIDIMME e o  FabLab Océano Laranxa de Valencia. Na Maker Faire Galicia presentaremos o estudo que realizamos, sobre a situación actual dos espazos maker en Europa.

 

 

 

Ponentes

Manuel Martínez

Profesor Titular da Universitat Politècnica de València, imparte docencia en Deseño Industrial e codirixe o Master Tecnoloxías Interactivas e Fabricación Dixital. Director da Cátedra Fenda dixital e Diversidade Funcional. Investigador do Centro de Xestión da Calidade e do Cambio, participa como Investigador Principal en máis de 25 proxectos, máis de 90 publicacións, 4 patentes e 9 tese doutoral dirixidas. Coordina a rede FabLab Valencia e pertence á Rede Española de Creación e Fabricación Dixital. Un dos proxectos nos que participa é iProduce, unha iniciativa H2020 na que investigan sobre o mellor modelo de fabricación social

 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online