Enxeñeiro Industrial pola Universidade da Coruña, comezou a súa carreira hai 15 anos no ámbito da enxeñería civil e, desde fai 11, especializouse en xestión da cadea de subministración na súa actual compañía, Servicio Móvil. Neste tempo asumiu a xefatura de proxectos loxísticos de diversa índole e, desde 2016, liderou o equipo de Proxectos e Innovación da Unidade de Negocio de Loxística. Desde maio de 2021 é Director da área de Innovación de Grupo Servicio Móvil.
Enxeñeira Química especializada en procesos químicos e bioquímicos, e triplo máster en prevención de riscos laborais, sistemas de xestión da calidade e xestión de sistemas ambientais. Conto con varios anos de experiencia en I+D no sector da construción e na área de loxística. Actualmente son Project Manager en Innovación en Servicio Móvil S.A.U. onde avalío e participo no deseño e desenvolvemento de novos produtos, servizos e na posta en marcha de proxectos piloto, elaborando plans de proxectos detallados, cronogramas, custos e xestionando os cambios no alcance dos proxectos.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo, Programa Executive en Customer Experience Management por ESIC, MBA Executive en dirección de RRHH pola Cámara de Comercio de Xixón e Experta en Orientación Laboral por Anced, entre outras formacións. Desde abril de 2021 é Directora Zona Noroeste en APD onde comezou en 2012 como directora da delegación de Asturias. APD é unha organización con máis de 65 anos de historia no ámbito empresarial, desenvolvendo actividades de formación e información encamiñadas ao desenvolvemento profesional de directivos, así como ao debate e a reflexión nunha contorna de networking. Conta con máis de 20 anos de traxectoria profesional vinculados ao ámbito da formación e desenvolvemento directivo en entidades como a Cámara de Comercio de Xixón, Fundación Escola de Negocios de Asturias e desde o 2012 en APD.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online