Charlas

Sen inscrición previa    17:00 - 17:30

Contido gravado

O videoxogo como produto cultural. Esa é a premisa coa que nace Recuncho Gamer. Nesta ponencia, o seu director, Iago Gordillo, fala das posibilidades de facer contido audiovisual para as distintas redes sociais e de que características e posibilidades únicas conta o medio do videoxogo para este tipo de contidos. Desde os vídeos aos directos, desde os TikToks dun minuto aos podcasts de dúas horas. E sempre buscando achegar o videoxogo a un público máis grande e desbotando prexuizos.

Ponentes

Iago Gordillo

https://www.youtube.com/c/recunchogamer

 

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña, traballou en medios como Radio Coruña Cadena SER ou La Voz de Galicia compaxinando labores técnicas con comunicativas. E tamén participou no apartado sonoro de series web premiadas como Galicia Crime, Amnesia 3.0 ou o videoxogo Plumaxe, do que compuxo a banda sonora. É o director de Recuncho Gamer, o proxecto audiovisual en galego sobre os videoxogos que procura a divulgación de forma amena sobre os videoxogos, entendendo a estes como un produto cultural no que converxen moitas artes.

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online