Debido a un proxecto realizado de impresión 3D solidaria onde participaron makers de toda España de maneira altruísta imprimindo avións de xoguete para os nenos hospitalizados de toda Asturias e parte do Porto, quería compartir a experiencia, como xurdiu todo, e amosar os beneficios que pode ter a impresión 3D na sociedade debido á multitude de sectores nos que se pode empregar. Demostrando así que a impresión 3D pode aplicarse con beneficio social, achegando un gran de area, levando ilusión aos nenos hospitalizados e conectar a centos de persoas para un labor social.
Son unha estudante que acaba de finalizar o bacharelato, amante da tecnoloxía e o mundo maker que, ademais de galardoada en diversas ocasións por proxectos tecnolóxicos, fun o fío condutor do proxecto # VOLARESDEVALIENTES, onde organicei a makers de toda España para levar a cabo o proxecto solidario. Posúo sólidos coñecementos en impresión e deseño 3D ademais de electrónica. A maioría deste coñecemento foi adquirido de maneira autodidacta realizando proxectos.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online