Charlas

04/06/2022   18:30 - 19:00

Conéctate en directo

Juan Antonio contaranos como afrontou unha perda de visión repentina que lle cambiou a vida e impediulle durante un tempo facer o que máis lle gustaba, proxectos que solucionen problemas.

Tras un proceso de rehabilitación, hoxe en día segue innovando e axuda coas súas solucións ao colectivo das persoas cegas ou con problemas de visión, sendo un dos referentes da comunidade ONCE Innova e o creador do bastón electrónico 2.0.

 

Ponentes

Juan Antonio Sánchez

Naceu en abril de 1982 en  Adra, Almería, aínda que actualmente reside en El Ejido. En 2001 finalizou os estudos de Técnico Superior en Equipos e Instalacións Electrotécnicas con cualificación autorizada en Baixa e Media tensión para Sistemas de Automatización Industrial, na categoría de especialista. Instalador autorizado en Telecomunicacións, Enerxías renovables e instalacións especiais.

Durante 15 anos traballou no sector eléctrico ata que, en 2016, viuse obrigado a abandonar o mundo laboral como consecuencia dunha repentina perda de visión.

Actualmente emprega os seus coñecementos en mellorar a calidade de vida das persoas cegas.


 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online