Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Analizando o comportamento animal, podemos ver claramente como desde pequenos aprendemos a desenvolver as nosas capacidades mediante o xogo. Desde os leóns aos cans pasando os paxaros ou os golfiños, todos eles xogan, e os humanos non somos unha excepción. 

Entón, non deberiamos utilizar a gamificación moito máis dentro do sistema educativo? Cales son as dificultades para facelo? e as vantaxes? A estas e a outras preguntas responderán os/ as integrantes desta mesa, que de forma habitual utilizan este recurso nas súas dinámicas de aula, tanto para motivar ao alumnado como para que integre dunha mellor maneira o coñecemento.

 

 

Ponentes

José Viñas

José  Viñas, licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu labores de coordinación de escola piloto en varios proxectos de ciencia europeos como XploreHealth, InGenious ou Go-Lab. Foi mentor nos proxectos internacionais WorldBiotech e Design Squad Global. Na actualidade, é desenvolvedor do proxecto NBS (Nature Based Solutions), coordinador do proxecto Erasmus+ Being a Biomaker,  presentador no programa de divulgación científica Aquelando da TVG e é Embaixador Scientix (Plataforma europea de ensino das ciencias) para España.

 


Alfonso Iglesias

Alfonso Iglesias, é historiador, especializado en Historia Contemporánea, e traballa na USC como investigador. Afeccionado aos videoxogos, en 2007 funda con Juan Gestal Pixfans.com, un blogue no que publicaron máis de 4.00 posts e que logrou máis de 50 millóns de visitas. Actualmente está a poñer en marcha varios proxectos que vinculan os videoxogos coa historia dentro de  HISPONA, o seu grupo de investigación. Entre eles a dirección dun TFM de Historia e videoxogos, unha publicación en preparación e varios proxectos para usar o lecer interactivo no ámbito das Humanidades.

 

 


Millán Brea

Chámome Millán e son Educador Social en Quérote +. Compaxino a miña profesión coa de profesor asociado na Universidade de Vigo. Doutor en Ciencias da Educación e Sexólogo, presido neste intre a primeira Asociación Galega de eSports. 

 


Luz Castro

Luz Castro, doutora en informática, deseñadora de videoxogos e divulgadora. Experta en xogos educativos e aplicados (serious games). Docente nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, así como en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC. Socia fundadora de  imaxin|software. En 2012 recibiu o I Premio Ada Byron do CPEIG.

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online