Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

O proceso de dixitalización acelerado que levamos a cabo no último ano fixo que nos reformulásemos como facer as cousas no ámbito educativo. Descubrimos moitísimas ferramentas e tecnoloxías para aplicar na aula, achegando un futuro que ata fai nada só era un soño.

Nesta mesa poderemos reflexionar, desde a mirada de expertos en diferentes tecnoloxías, sobre todo o que se fixo e todo o que se pode facer nos próximos anos axudados de ferramentas tecnolóxicas como a intelixencia artificial, a neurotecnoloxía ou a realidade virtual.

 

 

Ponentes

Amparo Alonso Betanzos

Enxeñeira Química, investigadora en intelixencia artificial, Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial ( AEPIA) e coordinadora do grupo de investigación LIDA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da facultade de informática da Universidade da Coruña (UDC).


Rocío Lozano

Estou especializada a nivel formativo en Psicoloxía Xeral Sanitaria e en Neurociencia Cognitiva. Así mesmo, a miña experiencia profesional permitiume especializarme en psicoloxía xurídica e psicoloxía social, deseñando proxectos para menores en situación de exclusión social e en conflito coa lei. Actualmente son cofundadora do Chapter de NeurotechX (organización internacional de  neurotecnología) en Galicia cuxa finalidade é xerar unha comunidade de divulgación científica e crear networking entre os diferentes profesionais que incumben ao campo da  neurotecnología (profesionais do ámbito clínico e tecnolóxico).


Xabier Lorenzo Abalde

Profesor de Debuxo no IES de Brión


Luz Ramos López

Profesora de Tecnoloxía no IES de Brión

Coordinación de proxectos educativos e de innovación educativa:

Proxecto Abalar, E-DIXGAL, PFPP de Profesorado

Contratos-programa: “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia”

Plans proxecta: “Mulleres emprendedoras nas TIC”, “Aprendo programando”

Publicación EDUGA “Muller, Ciencia e Tecnoloxía no IES de Brión”.

Máster de profesorado da USC e da UV

Xornadas profesorado Debuxo e Tecnoloxía

Galiciencia 2016, Día da Ciencia na rúa 2017, Maker Faire 2018, 2020

 

Coordinación de proxectos premiados :

“Sensores para tod@s “ Igaciencia: 2014, 2015, 2017, 2018, 2019 

Desafío STEM I. Fundación telefónica, 2016. 2º

Competición escolar Robótica: Oshwdem 2015, 2016

Competición Robótica EEI Vigo: 2016, 2017, 2018

Desafíos STEM: programación:  IVI 2017, BrionXbot. 2018

Wisibilízalas: 2017 (3º  compartido), 2019 (2º )


 

 


Julia Taboada

Julia Taboada é licenciada en Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade profesional sempre estivo ligada ao mundo da innovación e a inclusión tecnolóxica no contexto educativo. Exerceu de profesora de Tecnoloxía no ensino secundario público durante máis de 10 anos. No 2011 cambiou a docencia pola asesoría e pasou a formar parte do equipo de innovación educativa na Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Desde aquí fomentou accións metodolóxicas cuxo obxectivo era buscar un enfoque máis práctico da aprendizaxe na aula. A súa preocupación por conectar a escola coa sociedade á que se enfrontará o alumnado, levouna a focalizarse en STEM (metodoloxía que  aúna as áreas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), onde probablemente atópense algunhas das profesións máis demandadas do futuro. Así, desde o 2018 é asesora STEM na Consellería e unha das persoas responsables en Galicia dos programas que se propoñen aos centros educativos para o impulso da innovación e fomento das futuras vocacións STEM.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online