Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Se hai unha industria que creceu de maneira exponencial nos últimos anos esa foi a dos videoxogos. Isto permitiu que en moi pouco tempo gran parte da sociedade pasase de velos como unha perda de tempo a unha oportunidade laboral e con moito futuro.

Para coñecer o estado actual desta industria e o impacto tan brutal que está a ter, reunimos nesta mesa, coa que inauguramos a xornada de videoxogos, a unha serie de referentes que posúen unha visión ampla do sector.

 

 

Ponentes

Luz Castro

Luz Castro, doutora en informática, deseñadora de videoxogos e divulgadora. Experta en xogos educativos e aplicados (serious games). Docente nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, así como en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC. Socia fundadora de  imaxin|software. En 2012 recibiu o I Premio Ada Byron do CPEIG.

 

 


Jacobo Martinez

Jacobo Martínez Nieto, Enxeñeiro en Informática de Sistemas no ano 2006, e especializado en UX, tanto a través de estudos como no seu eido profesional nos últimos 14 anos. Estivo ligado ao deseño e experiencia de usuario en interfaces gráficas durante os últimos 14 anos, na consultoría compostelana Balidea. Ademais, ao longo destes anos, impulsou e participou noutras iniciativas empresarais que chegan ata os nosos días. Recentemente, dende o ano 2020, estivo implicado no desenvolvemento do videoxogo AVOO, da empresa ISELTEC en colaboración coa Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, como responsable do proxecto. Xacobe adoita a combinar a súa vertente creativa con outra máis técnica nos seus proxectos. 

 

 


Elena Beltrán


Fernando Prieto

Fernando Prieto é un profesional con máis de 20 anos de experiencia no ámbito da xestión, as finanzas, o márketing e as vendas. Desenvolve desde hai 10 anos os seus propios proxectos orientados á innovación no sector dos videoxogos, con Estudo Gato Salvaxe, e na consultoría e financiamento de proxectos mediante  crowdfunding, con Start Your Business Consulting, mentres colabora como mentor en varias escolas de negocios.

 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online