Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Ponentes

Natalia Monje - Ecos do Sur

http://www.ecosdosur.org/

Natalia Monxe é xornalista e historiadora e desenvolveu a súa traxectoria no ámbito dos medios de comunicación (prensa escrita, tv e radio) e da investigación arqueolóxica e antropolóxica, campos nos que o seu traballo recibiu recoñecementos como o Premio Álvaro Cunqueiro e Galicia Innovación de xornalismo, o Ferro Couselo de investigación etnográfica e o Juan Antonio Cebrián de Divulgación Histórica, entre outros. Desde 2011 é responsable da área de Comunicación da ONGD Ecos do Sur e a partir de 2016 lidera a liña de traballo CibeRespect, que aborda os problemas do discurso de odio e a desinformación nas redes sociais, a través da introdución de novos relatos sobre a interculturalidad e o uso da tecnoloxía para a transformación narrativa, como motor de cambio social. Esta liña de traballo foi recoñecida cos premios Innovación Social da Fundación A Caixa e Boas Prácticas do Colexio de Traballo Social de Galicia.


Carmen Araquistain - Despunte

https://despunte.com/es

Despunte é unha cooperativa adicada ao deseño e á enxeñaría. Combinamos as nosas capacidades técnicas con experiencia en proxectos creativos e de negocio. Especializámonos en visualización 3D de produto para comunicación e tamén realizamos maquetas e proxectos interactivos.Despunte está formada por dous socios enxeñeiros con experiencia nos campos da mobilidade, aeronáutica a enerxía. Alex García Soto ao cargo da área de deseño e Carmen Araquistain, que se ocupa do desenvolvemento de negocio e comunicación. Enxeñeira de Obras públicas con Máster en Governanza urbana innovadora da EPFL, ten ampla experiencia internacional. Decidiu emprender para traballar no mundo da innovación dende Galicia onde retornou de Alemaña en 2020.

 

 


Daniel Fernández - Cogami

https://www.cogami.gal/es_ES/

Daniel Fernández Longueira é responsable da área de Proxectos en Galega de Economía Social. Sociólogo de formación inicial e inquedo por natureza, profundou na busca da mellora social e a minimización do impacto que provocamos as persoas na contorna que habitamos ao longo dos seus estudos de RSE, medio ambiente e xestión de Proxectos. 

No seu traballo como consultor e investigador social, coñece en profundidade as necesidades das persoas con discapacidade e colabora na elaboración de plans de acción e proxectos centrados en diferentes áreas como a accesibilidade, a inclusión social, a igualdade ou a RSE; intentando encaixar sempre todas as pezas, para intentar construír un mundo máis xusto e sostible para todxs. 

 


Ana Olveira

https://abeluria.coop/

Consultora e Investigadora en Cooperativismo e Economía Social


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online