Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Nun futuro recente colonizarase a Lúa e estableceranse bases lunares que serán o punto de partida de viaxes interplanetarios, aproveitando a súa baixa velocidade de escape. Para iso será importante coñecer “A Lúa ao detalle”. 

Neste relatorio téntase dar luz a toda a información que podemos obter do noso satélite cun orzamento mínimo e uns coñecementos científicos básicos impartidos en secundaria e bacharelato.

Determínase   experimentalmente a aceleración da gravidade na superficie da Lúa. Isto faise a partir da análise cinemática dun videoclip que corresponde ao salto dun astronauta da misión Apolo XVI na lúa.

Coa axuda dunha cámara escura modificada determinarase o radio da Lúa. Coñecendo a intensidade do campo gravitatorio na superficie da Lúa e o seu radio, procédese a determinar a súa masa e a súa densidade.

Ademais de todo isto, realízase un mapa da Lúa a partir de fotografías realizadas co telescopio do instituto, e unha estimación da altura dalgún dos seus cráteres.


Finalmente, para atraer o interese da xente cara ás ciencias do espazo proponse un método sinxelo visualizar a Lúa en 3D.

Ponentes


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online