Charlas

04/06/2021   16:30 - 17:00

Conéctate en directo

Valeria quere inspirar a outras nenas para que sigan os seus pasos, que proben actividades relacionadas coa tecnoloxía para que vexan que é moi divertida. Sempre di que é unha moza normal e que se ela pode facer as cousas que fai, calquera outra nena tamén. Ten claro que de maior quere ser enxeñeira.

Esta nova estudante de secundaria contará cando e por que empezou a interesarse polo mundo tecnolóxico, como empezou a utilizar recursos da internet para aprender sobre o que lle gustaba, xa que ao vivir nunha cidade pequena como é Huesca, tiña que ser máis creativa que se vivise nunha gran cidade con moitas máis opcións. Valeria acompañaranos no percorrido a través da súa andaina polo mundo tecnolóxico, desde a súa participación en concursos internacionais, ata o seu labor de inspiración e divulgación actual entre as máis novas, que recentemente lle levou a participar no programa Got Talent.

 

Ponentes

Valeria Corrales

Con 12 anos, encántalle a tecnoloxía. É o 50% de ValPat, unha canle de Youtube que, xunto coa súa compañeira e mentora Patricia Heredia, ten o obxectivo de inspirar, entreter e educar en tecnoloxía a nenos e nenas de todo o mundo, con vídeos de proxectos STEAM. 

Aos 8 anos, gañou o seu primeiro premio de tecnoloxía, aos 10 anos foi nomeada Inspiring Girl of the Year pola Fundación Inspiring Girls. No 2020, foi elixida mellor alumna de secundaria de STEM de España, nos STEM Talent Awards. E en 2021 logrou unha gran visibilidade participando con éxito no programa Got Talent.

 


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online