Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

HySun é unha empresa creada por NANOGAP e TEWER, que desenvolveu unha nova solución para producir hidróxeno 100% renovable, limpo, ecolóxico e sen emisións de CO2. Ambas as compañías combinan dúas tecnoloxías disruptivas: a foto-termo-catálisis e a enerxía solar concentrada co obxectivo de revolucionar o mercado de produción de hidróxeno. Hysun está a revolucionar a economía do hidróxeno ao aproveitar a tecnoloxía de foto-termo-catalizadores e enerxía solar concentrada de vangarda para crear solucións de enerxía sostible e renovable para empresas e particulares. O seu principal obxectivo é o levar a cabo a revolución do hidróxeno renovable de baixo custo.

Ponentes

David Buceta

https://www.linkedin.com/in/david-buceta-745415234/

David Buceta incorporouse a NANOGAP en 2022 como CTO. Antes diso, foi asesor científico e colaborador a longo prazo de NANOGAP na súa función de postdoctorado na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi investigador visitante en Technische Universität Berlin, Alemaña; Laboratorio Nacional de Brookhaven, Nova York, EE. UU.; e a Universidade de Nagoya, Xapón. É autor de mais de 60 publicacións internacionais e 7 patentes.


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online