Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

O meu nome é Lorena Quintas e son de Ourense. Para que comprendas mellor como xurde o proxecto Xogo de Fíos, é necesario que coñezas algo da miña historia persoal.

Desde moi pequena estou a loitar cunha artrite que nos últimos anos provocoume unha diversidade funcional visual total, co que tiven que adaptar a miña vida ás novas condicións. Asistín aos cursos de traballos manuais da ONCE, unha proposta que supuxo para a min un lugar de calma e de paz no momento tan difícil en que me atopaba. Naqueles cursos coñecín unha actividade que, desde o primeiro momento, cautivoume, e que consiste en debuxar con fíos utilizando como base un anaco de tea, papel ou madeira. Atopei naquel traballo manual un espazo que me permitía ser libre e no que podía desenvolver toda a miña creatividade. Moi pronto, aquel deseño con fíos converteuse nun hobbie, nunha paixón e, tempo despois, nunha profesión á que hoxe dedico unha parte moi importante da miña vida. Así xurdiu o proxecto Xogo de Fíos.

Ponentes

Lorena Quintas

https://xogodefios.com/

Artesana en Xogo de Fíos


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online