Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

 

Francisco Regusci e Lucas Requejo lideran a creación do Lab_REA como espazo de transformación do sector agroalimentario galego nun sostible e resiliente.

Como punta de lanza do Laboratorio, moderamos esta mesa debate ónde achegaremos presente, futuro e oportunidades que ofrecen as Tecnoloxías Maker para o Sector Agroalimentario Galego, e dende Galicia para o mundo.

No debate, que terá uns 80 minutos de duración, coñeceremos a dúas persoas que traballan diariamente por traer ese Futuro ao Presente e debatiremos con eles e con vos ao respecto da temática.

Esperámosvos!

 

Ponentes

Rubén Recamán

CEO de GALINSECT. Graduado en ADE, MBA e Máster en Comercio Internacional. Experiencia como técnico e responsable de exportación e como consultor de comercio internacional. Galinsect é unha granxa de insectos. Están especializados na cría e comercialización de insectos para proporcionar unha fonte de alimentación rica en proteína, natural e de alta calidade.


Diego Arias

Xefe proxecto Xestal e Directora Área de Desenvolvemento en  Balidea. O proxecto XESTAL concíbese co obxecto xeral de desenvolver unha ferramenta tecnolóxica hardware e software dirixida principalmente a enxeñerías ambientais e xestores forestais, que permita optimizar procesos crave na xestión dos recursos forestais, mediante a automatización e redución de custos da toma de datos, a dispoñibilidade de información actualizada e de valor engadido para unha mellora na toma de decisión, control e execución das diferentes actuacións que implican os Plans de Ordenación Forestal.


Francisco Regusci

Emprendedor tecnolóxico uruguaio, con 10 anos de experiencia. O ano pasado decidiu cambiar o seu foco cara á tecnoloxía con impacto para o que se atopa traballando.  Apaixonado pola actual revolución da industria alimentaria.


Lucas Requejo

Fundador e director da empresa social  Prato_ DO. Emprendedor centrado en inspirar cambio cara a un estilo de vida sostible achegando o seu talento ao ben común. Arquitecto técnico de formación académica leva anos dedicado ao emprendemento social, á investigación de sistemas alimentarios, á creación de proxectos de innovación social. Tamén é Director da Fundación  Ecotur en Galicia,  formador en UNED/UNED e divulgador de  Econología en radio e prensa.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online