Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Durante moito tempo perdemos a perspectiva da capacidade tan radical do xogo para xerar espazos mentais de cohesión de cada unha das civilizacións e culturas que o integraban, é dicir, o seu poder para crear redes intersubxectivas de sentido. Así, o xogo foi un artefacto de xeración de sentido e conexión mental entre os membros pertencentes a unha mesma cultura identitaria desde o Neolítico, pasando polo Antigo Exipto, a Idade Media e ata chegar aos nosos días estraños infestados de drons e intelixencia artificial.

O videoxogo e todas as súas ramificacións tecnolóxicas e filosóficas invadiron todas as facetas da vida humana contemporánea e seguirá facéndoo ata modificar as estruturas do noso propio cerebro no que quizá poida chegar a ser o inevitable e próximo hacking cognitivo humano. Profundaremos máis nestes conceptos a través desta charla.

 

Ponentes

Flavio Escribano

Flavio Escribano é Doutor Cum Laude pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é responsable do equipo de investigación na Fundación GECON.es onde leva a cabo proxectos de  gamificación e videoxogos con aplicación en ámbitos como a educación, o medio ambiente, o turismo cultural e a calidade de vida laboral. É tamén co-fundador do colectivo ARSGAMES.net, colectivo dedicado ao Game Art e os Games Studies. Colaborou como relator, profesor e autor nunha gran diversidade de publicacións, másteres, congresos, workshops e seminarios relacionados coa  gamificación, os videoxogos e a arte con multitude de organizacións e compañías tanto europeas como internacionais.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online