Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Algo que quedou patente no último ano é que os Makers teñen un potencial creativo brutal e unha capacidade de resolución de problemas por encima da media. Pero cando queren  monetizar esas habilidades moitas veces bloquéanse, abúrrense e non saben como avanzar.

Nesta mesa falaremos con Makers que deron o paso e que nos contarán a súa experiencia en todo o proceso, desde como conseguiron o financiamento inicial, como construíron o equipo ou como saíron ao mercado para vivir do seu proxecto.

 

Ponentes

Xavier Crespo

Xabier Crespo Álvarez (Co-fundador de SC Robotics). Xabier é un enxeñeiro de telecomunicación de formación con ampla experiencia como consultor en sistemas embebidos. En SC Robotics, empresa adicada ao deseño de dispositivos electrónicos, adícase tanto a tarefas técnicas como a xestión de proxectos como a tarefas comerciais e de xestión de producto. É tamén un dos fundadores da Asociación Tecnolóxica A Industriosa e actual Vicepresidente, que xestiona o primeiro espacio maker na cidade de Vigo. Ademais tamén colabora coa Libre Space Foundation e é un dos impulsores do proxecto libre Polaris, que ten como obxectivo o análise de datos de satélites usando Intelixencia Artificial.

 


Tomás Lóbez

Tomás é emprendedor social e deseñador. En 2018 fundou Nixi for Children para acompañar aos nenos e nenas no proceso de preparación para unha operación. A través de experiencias de realidade virtual informativas axudan aos/as pacientes a prepararse coas súas familias e así reducir a súa ansiedade. Tres anos despois da súa creación, a empresa social nada en Barcelona xa traballa con múltiples hospitais de España e segue crecendo día a día para axudar a pacientes de todo o mundo. 

 


Pilar Vila

CEO e Cofundadora de Forensic & Security, empresa centrada en ciberseguridade e peritaxe informática. Chief Security Envoy de Telefónica Eleven Paths, un recoñecemento ao labor profesional no ámbito da ciberseguridade. Autora do libro da editorial 0xWord: "Técnicas de Análise Forense Informático para Peritos Xudiciais Profesionais". Docente de Informática Forense en distintos másteres de Seguridade, actualmente na UCLM e nas universidades da Coruña e Vigo. Relatora en eventos de ciberseguridade e legaltech.

 

 


Inés Lusquiños

Enxeñeira agrónoma especializada en enxeñaría ambiental. Actualmente desenvolve a súa labor profesional no eido da economía circular, achegando os principios deste novo modelo á xestión de residuos. Así mesmo, leva dende o ano 2015 vencellada ao ecosistema emprendedor galego, como parte da directiva da asociación Startup Galicia: unha asociación creada por persoas emprendedoras cuxo obxectivo é conseguir que o contexto galego sexa cada vez máis favorable á creación de novas startups.

 

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online