Licenciada en Dereito e ADE con máis de 7 anos de experiencia investindo en startups early- stage. Foi emprendedora e traballado como CFO nunha scale- up española. Anteriormente conta con experiencia en banca de investimento traballando en operacións de Fusións e Adquisicións en Arcano e en consultoría financeira en Management Solutions. É unha apaixonada polo emprendemento e a diversidade. Por ese motivo leva vinculada ao ecosistema emprendedor organizando eventos en Galicia e Madrid, sendo mentora e profesora en EAE Business School, ICADE, IED... e forma parte da directiva da asociación Startup Galicia: unha asociación creada por persoas emprendedoras cuxo obxectivo é conseguir que o contexto galego sexa cada vez máis favorable á creación de novas startups.
Luz Castro, doutora en informática, deseñadora de videoxogos e divulgadora. Experta en xogos educativos e aplicados (serious games). Docente nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, así como en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC. Socia fundadora de imaxin|software. En 2012 recibiu o I Premio Ada Byron do CPEIG.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online