Resumo do proxecto
Fabricación e adaptación de pulsadores, xoguetes e outras adaptacións para a accesibilidade na vida diaria.
Quen realizou o proxecto?
Alumnado dos centros CEE Ntra Sra Lourdes e IES Menéndez Pidal de A Coruña.
En que consiste o proxecto?
O proxecto consiste en fabricar e adaptar conmutadores para empregar o ordenador ou outros dispositivos cun ou varios conmutadores e diferentes niveis de acceso (clic do rato, accionar un avisador acústico inhalámbrico, mouse accesible, un xoguete, etc).
Cal é a finalidade deste proxecto?
Iniciar ao alumnado de Secundaria nos principios básicos da soldadura para abordar proxectos STEAM que inclúan impresión 3D, deseño, programación e adaptacións de todo tipo mediante obradoiros inclusivos reparando noutras realidades persoais e necesidades na diversidade.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Despois de varios obradoiros de iniciación á soldadura, amosamos ao alumnado varias propostas de adaptacións de exemplo e a realizamos. Logo, usuarios con dificultades de movilidade, envíannos os problemas que teñen na vida diaria e o alumnado ofrécelle unha proposta de solución.
O usuario final da feedback ao grupo para revisión da peza, medidas... e realízase a impresión final. Verificación, comprobación final e toma de conclusións (ficha de avaliación).
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
A impresión 3D permítenos persoalizar un conmutador ás necesidades concretas dun usuario, deste xeito damos unha resposta á mellora da accesibilidade e vida autonoma das persoas que doutro xeito non sería posible porque ou son moi costosas ou nin sequera existen de xeito comercial.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online