Proxectos

CIFP As Mercedes

Este proxecto, realizado polo alumnado do Ciclo Superior de Mantemento  Aeromecánico do  CIFP  As Mercedes, consiste na construción dun banco de probas cun motor CONTINENTAL  TSIO-360- EB co obxectivo de analizar o uso de combustible alternativo GLP (Gas Licuado do Petróleo) no sector aeronáutico.

Ao ser un proxecto de investigación preténdese controlar o funcionamento do motor co seu combustible alternativo (GLP), tomando datos relevantes como temperaturas, revolucións, mestura... para comparar cos datos obtidos co combustible habitual.

Se o seu funcionamento é viable reduciranse significativamente emisións de gases nocivos para o medio ambiente e ademais reducirase o custo de operación drasticamente. 

O proxecto xera unha evidente innovación tecnolóxica ao permitir a implementación de GLP nun motor aeronáutico, implementación que se está estudando por varias empresas en EEUU, pero que aínda non deu os seus primeiros pasos en Europa. Ademais o desenvolvemento deste recurso e a súa facilidade para ser trasladado, permitirá mostralo noutros lugares, incluídas empresas do sector interesadas neste novo desenvolvemento.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online