Resumo do proxecto
O proxecto pretende fabricar unha estrutura de aeronave tripulada, prevista para propulsión eléctrica.
Quien realizou o proxecto?
Os alumnos de aeromecánica do CIFP As Mercedes.
En que consiste o proxecto?
O proxecto pretende fabricar unha estrutura de aeronave tripulada, prevista para a futura implementación de sistemas de voo dixitais e sistemas de propulsión eléctrica, polo tanto non contaminante.
Cal é a finalidade deste proxecto?
A idea é conseguir un produto con capacidade de voo, pero moi lixeiro, de modo que o peso que se aforre respecto a un produto existente no mercado, pódese empregar para a dotación de equipos e sistemas de voo e de traballo no futuro.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Empregando os coñecementos adquiridos polos alumnos do instituto, fabrícase a aeronave para dotala dun motor eléctrico.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Mostra a mellora na calidade educativa e a posibilidade de producir unha aeronave con poucos medios grazas ao esforzo dos alumnos/as.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online