Proxectos

Virtual Seed - UDC

Desenvolvemento do videoxogo After Juice: Animal Disco Mafia, onde o xogador controlará a un personaxe chamado Tofu, un hámster universitario que durante unha noite de festa na cidade perde de vista ao seu mellor amigo Churro. Isto provocará que deba atopalo, para iso, será necesario que explore as rúas de Furrol, interactuando cos distintos personaxes e elementos que se atopan dispostos pola cidade.
 

En que consiste?
É un videoxogo, unha aventura gráfica 3D con diálogos 2D e minixogos.
 

Cal é a finalidade?
Proxecto de TFM
 

Como funciona? 
Foi programado en Unreal Engine e xestionado a traves de GitHub, e a arte traballouse en aplicacións de deseño gráfico ou debuxo como clip studio paint, photoshop, illustrator e procreate. Para a arte 3D usáronse Maya e Blender, e para o texturizado Blender e Substance.
 

Que achega á Comunidade Maker?
Unha nova experiencia audiovisual a través do videoxogo onde o xogador poderá decidir a personalidade que quere darlle ao protagonista, provocando as diferentes reaccións dos personaxes npcs e unha completa inmersión e identificación do xogador coa historia, grazas tamén á proximidade do tipo de historia contada.
 

Quen o realizou ?
Virtual Seed

https://afterjuice.mastervideojuegos.udc.gal/

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online