Resumo do proxecto
Alquimétricos LAB é unha plataforma de educación maker e STEAM aberta e colaborativa centrada en sistemas modulares open source e DIY.
Quen realizou o proxecto?
Alquimétricos é un colectivo internacional de educadores/as, makers, artistas e cominicadores/as comprometidos/as coa educación aberta e accesible. Foi fundado en 2015 polo arxentino Fernando Daguanno.
En que consiste o proxecto?
O LAB é a encarnación dixital e resposta post pandémica dun proxecto maker que estaba centrado principalmente na presencialidade. Como dar continuidade á educación STEAM en contexto de distanciamento e de escaseza de recursos? A nosa proposta aberta e colaborativa proponse como unha solución a escala para os desafíos da inclusión tecnolóxica no Sur Global.
Cal é a finalidade deste proxecto?
Fomentar a cultura maker e DIY e a familiarización da tecnoloxía, as ciencias e as artes a través do xogo, ademáis de facela accesible e alcanzable especialmente en contextos de vulnerabilidade social.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Unha parte sucede en liña a través dun website que integra WordPress, Youtube e Web Monetization baseado en Cool.
A parte presencial, lévase a cabo utilizando tecnoloxías dixitais como corte láser ou CNC, así como ferramentas manuais e materiais reciclados.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Un método simplificado, económico, aberto e colaborativo para empoderar infancias e mocidades socialmente vulneradas con recursos de educación tecnolóxica.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online