Proxectos

Colexio Mendiño

Amigx é un proxecto de emprendemento social para erradicar a  feminización da pobreza, poñer fin á soidade non desexada e promover a  sororidad. Galardoado na categoría Emprende  Challenge 2021 de  EduCaixa.

Esta proposta xorde dun equipo de alumnas de 2º curso de CM de Actividades Comerciais do  Colexio  Mendiño, Zoe  Serodio Santos, Yaiza Domínguez Eijo e Laura Rodríguez Davila desenvolvida no módulo de Xestión dun Pequeno Comercio impartido pola docente Paola Bar que utiliza a metodoloxía áxil e o Lean Startup ata a conclusión dun plan de empresa.

Amigx é unha app gratuíta con vocación de conectar mulleres a nivel local para promover o intercambio de servizos a cambio dunha moeda virtual e solidaria que poderá ser trocada nos comercios locais. Entre os seus principais aliadas atópase FAGAMOS-Asociación de familias  Monomarentais de Galicia.

Membros do equipo:Zoe Serodio, Yaiza Domínguez, Laura Rodríguez e Paola Bar.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online