Proxectos

Inteligencia Artificial Juárez

Desde o FabLab da Ciudad Juárez de México, o enxeñeiro Marco Barraza preséntanos a Aristóteles, o primeiro humanoide filósofo creado coa idea de falar e debater ao nivel do pensamento humano.

Este robot é un conxunto de algoritmos de intelixencia artificial creado coa idea de que poida razoar, escoitar e falar como un humano, que poida ver e que sexa capaz de identificar un obxecto, que recoñeza persoas e poida interactuar con elas.

En canto ao corpo de Aristóteles, está formado con aproximadamente 500 pezas impresas e pode facer case todos os movementos da cintura, cadeiras, brazos, cabeza e ollos como un humano.

Aristóteles é capaz de impartir clases e contestar preguntas sobre filosofía pero, aínda que está especializado nesta área, pode ser capacitado en calquera tema. Por exemplo, pode dar unha clase de física newtoniana e responderá as preguntas como o faría o mesmo Newton, sacando frases dos seus libros.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online