Proxectos

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

No ámbito escolar necesítanse moitos materiais como o estoxo, o caderno, os libros, etc. e as mesas de pala, utilizadas en moitos institutos, son bastante pequenas. Iso fai que os/as estudantes teñan un espazo moi reducido para colocar todos os seus materiais dunha forma práctica para o seu uso e en ocasións pode producir disputas entre os/as alumnos/as e potenciar a confrontación entre eles/as.

Para solucionar este problema, dúas alumnas do IES Plurilingüe Rosalía de Castro decidiron deseñar o Atril portátil. Está feito con taboleiros de madeira aparafusados entre si e con dúas pinzas na súa parte inferior para desta forma poder axustalo aos pupitres e gañar máis espazo.

Membros do equipo: Noa Martínez e Candela Mourelle.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online