Proxectos

KawaiiTech

O termo “Badge life” xurdiu como unha tendencia de deseñar tarxetas de circuítos impresos con formas pouco convencionais, xeralmente incluíndo personaxes moi rechamantes. Orixinalmente, estas tarxetas deseñábanse para a DEF CON, unha das convencións de hackers máis antiga, e incluían enigmas que os asistentes debían resolver programando e “hackeando”. 

En KawaiiTech deseñan pequenas tarxetas de circuíto impreso con formas irregulares con luces LEDs reprogramables coa finalidade de que o usuario poida personalizar patróns de luz facilmente utilizando un programador ISP compatible con Arduino.

Os deseños son creados con ferramentas de software aberto como KiCAD e Inkscape. Unha vez  vectorizada a imaxe procédese a definir a que capa corresponderán as diferentes seccións da imaxe vectorizada, para poder crear diferentes efectos. A extensión svg2 shenzhen habilita a xeración de todas as capas necesarias para ser incluídas no editor de PCB de KiCAD, é dicir, contorno, capas de cobre, serigrafía, etc.

A electrónica nos seus deseños é moi sinxela, optan por utilizar pequenos microcontroladores de 8  bits compatibles con Arduino e inclúen luces LEDs, interruptores e baterías. Debido ao limitado número de pines de entrada e saída do microcontrolador, utilízase a técnica de charlieplexing a cal permite incluír máis  LEDs no circuíto sen comprometer máis pines do microcontrolador.

As dimensións dos deseños son pequenos xa que outro dos obxectivos é que poidan ser utilizados como accesorios (tipo wearable). 

Con proxectos sinxelos como estes conseguen xerar interese polo movemento maker naquelas persoas que aínda non o coñecen.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online