Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Piano xigante interactivo que lembra á escena da película de Big realizada polos/as alumnos e alumnas do FabLab do Colexio Salesianos Santo Ángel, Avilés. Os usuarios ao saltar sobre as diferentes teclas farán soar unha nota podendo así tocar algunha melodía. 

Para a súa construción utilizáronse cartolina que se forraron de papel de alumnio para as teclas brancas e pintado de negro para as teclas negras. Posteriormente, mediante unha placa TouchBoard de Bare Conductive programouse para que funcione coma se fose un instrumento MIDI, neste caso o instrumento escollido foi un piano.

Este piano está a ser tamén utilizado para facer clases de música interactiva. Para poder utilizalo débese estar descalzo ou con calcetíns, xa que as solas de goma dos zapatos illan a estes sensores  capacitivos construídos.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online