Proxectos

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Cando imos á praia, sempre imos moi cargados: a bolsa, a antuca, a tumbona, a toalla, as pas, os cubos… Moitas veces, ademais de levar demasiado peso, non nos dan as mans para suxeitar todas as asas das bolsas e demais cousas. Para non levar tantos vultos, a este grupo de alumnas do IES Plurilingüe Rosalía de Castro ocorréuselles crear unha bolsa de praia que se pode converter en  tumbona, conseguindo así aforrar espazo e ir máis cómodas.

O resultado do traballo foi a Boltumbona, unha bolsa capaz de converterse en tumbona simplemente  desabrochando as cremalleiras situadas nos laterais e despregando as súas tres patas.

Está construída como un prototipo coas dimensións idóneas para un neno ou nena, xa que mide 1,2 metros de longo e medio metro de ancho, 20 centímetros de alto na zona das pernas e 40 centímetros de alto na zona da cabeza. Cando está en forma de bolsa ten unha capacidade de 45 L, polo que permite gardar todo o que precisamos para pasar un día na praia. Ademais, como a estrutura está feita de barras ocas de aluminio unidas con escuadras e parafusos, a Boltumbona é lixeira e fácil de transportar.

O custo total dos materiais foi ao redor de 110 euros, o que é caro para unha  tumbona, pero hai que ter en conta que se se estivese producindo nunha fábrica o custo sería bastante menor.

Membros do equipo: Irene Armesto, Candela César e María Costa

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online