Proxectos

IES David Bujan

O proxecto BujanSat nace para tomar parte no concurso CanSat 2021 impulsado pola Axencia Espacial Europea. O obxectivo é que o alumnado experimente en primeira persoa que significa participar nun proxecto de enxeñería real. En particular, constrúese e lánzase un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. O proxecto ten dous partes claramente diferenciadas, unha misión primaria e unha misión secundaria.

A misión primaria, básica para introducir e motivar ao alumnado no manexo de compoñentes electrónicos e de deseño, consiste en construír o satélite de tal maneira que poida medir a temperatura do aire, a humidade, a presión atmosférica e a altitude durante o descenso. Para iso manéxanse dous pequenos sensores xestionados por unha placa Arduino Nano embarcados no satélite. Esta información almacénase nunha tarxeta micro SD e transmítese por ondas de radio a un ordenador receptor nunha estación de terra.

Para a misión secundaria incluíuse no BujanSat un  dispensador de sementes. Funciona como método de repoboación de zonas deforestadas, ademais dunha metodoloxía extrapolable a outros sistemas aéreos, como drons. As sementes, almacenadas nun recipiente cilíndrico, déixanse caer durante o traxecto de descenso. É un micro servomotor o que, mediante a súa acción, libera as sementes periodicamente.

Membros do equipo: María Isabel Parada, Pedro Rodríguez, Xoel García, Jacobo Núñez, Iago Suárez, Diego Rodríguez, Julián Ramos e Hugo Viqueira.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online