Proxectos

Roberto Pérez Marijuán

Resumo do proxecto

Desenvolvemento dun contedor persoal para gardar as cabichas dos cigarros evitando que acaben no chan e os seus químicos na auga.

 

Quen realizou o proxecto?

Sonia e José Manuel.

 

En que consiste o proxecto?

No desenvolvemento a escala dun contedor persoal portátil que permite almacenar ata 25 cabichas que despois se pode baleirar en calquera punto que permita o seu adecuado tratamento.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Reducir o enorme problema que significan millóns de cabichas tiradas ao chan diariamente. Os estudos demostran que cada cabicha contamina uns 50 litros de auga.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

O que agora temos é un prototipo funcional realizado en 3D, habemos  testado o prototipo con decenas de persoas e a valoración é máxima.

 

Que achega este proxecto á Comunidade  Maker?

A realidade de que a través de tecnoloxías como a impresión 3D pódense construír prototipos que resolvan enormes problemas. A nosa ilusión é poder fabricar en Galicia este produto que xa conta cun modelo de utilidade. As súas posibilidades de personalización fan del un proxecto con gran potencial.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online