Proxectos

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Resumo do proxecto

Trátase dun recurso  tic no que usamos unha caixa de zapatos para darlle outro uso e convertémola nunha caixa de sons.

 

Quen realizou o proxecto?

O proxecto foi realizado por nenos e nenas de Educación Infantil e a súa profesora.

 

En que consiste o proxecto?

É unha caixa que xunto coa placa makey makey , convértese nunha caixa de adiviñas onde os nenos tocan as teclas da parte superior e deberán adiviñar o que hai no seu interior.

Trátase dunha actividade inclusiva pois, se temos na aula nenos con  neae ( invidencia), todos poden realizala ao mesmo nivel.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Darlle outro uso a unha caixa de zapatos “inservible “ e convertela nun recurso máis da aula para traballar unha temática: animais domésticos, salvaxes, instrumentos, transportes ou unha mestura de ambos.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

O proxecto funciona co computador e unha placa  makey  makey.

 

Que achega este proxecto á Comunidade  Maker?

Mostrar as posibilidades de creatividade que se poden facer cunha placa  makey  makey e unha caixa de cartón, ademais da  reutilización de materiais para darlle unha nova finalidade.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online