Proxectos

IES Rego de Trabe

Este proxecto presentado por un grupo de alumnos do IES Rego de Trabe consiste na construción dun satélite co fin de envialo a 1km de altura. Este, do tamaño dunha lata de CocaCola, leva todo o necesario para levar a cabo as súas misións, unha misión xeral e unha secundaria. 

A principal recollerá datos de humidade, presión, altitude, temperatura además de recoller datos GPS para envialos a un receptor que estará montado no chan, tamén gardará a información recollida nunha tarxeta SD. Para isto contan con compoñentes electrónicos como  Raspberries, cámaras,  zumbadores,  GPS e módulos de radio. A misión secundaría trátase de facer un  timelapse coas fotografías que sacan e  renderizar en 3d a superficie, a parte de facer un percorrido cos datos do  GPS. 

O proxecto está organizado pola  European  Space  Agency (ESA) e participan numerosos equipos de toda Europa. 

Para realizar o proxecto o equipo organizouse en varios grupos de traballo:

Grupo Programador: encárgase de programar todo e de facer as conexións entre o hardware. Tamén se encarga da programación da páxina web.

Grupo Deseño: encárganse de deseñar a estrutura do  CanSat e imprimila.

Grupo Paracaídas: encárganse de facer todos os axustes para a realización do paracaídas do  CanSat.

Grupo Social: encárganse de pedir patrocinadores e dar a coñecer o proxecto ao mundo.

Membros do equipo: Ismael Benabdellah, Álex Mosquera, Xoel Noya,  Gael Rodríguez, Paula Taibo e Samuel Varela.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online