Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel (Asturias)

Proxecto feito por alumnos que ensinan a compañeiros que aprenden. Aprendizaxe-Servizo. "Aprendendo Química".
 

En que consiste?
O proxecto consiste nunha táboa periódica coa que se pode interactuar. Contén caixas de madeira de 10x10 que representan os distintos elementos químicos, coloreadas en diversas agrupacións, tal e como nas táboas periódicas que podes atopar en calquera lugar. Ademais, as caixas incluirán no seu interior uns tarros cunha mostra do elemento en cuestión dentro deste, no caso de gases radioactivos contará cunha representación do mesmo. Instaláronse 8 tiras de leds que se poden iluminar entre as caixas pulsando botóns, separándoas por familias (alcalinos, carbonoideos, gases nobres...). Eses botóns, ademais de activar a iluminación das tirasde luces led, encárganse de executar uns audios que explican características desa mesma familia.
 

Cal é a finalidade?
Como hai moita xente á que lle resulta complexo entender os conceptos da química, o noso obxectivo é axudar a todos os estudantes de Química a comprender mellor a materia. Pretendemos axudar facendo máis atractiva e visual a maneira de aprender, xa que pensamos en xente da nosa contorna, relativamente cercana a nós, que tiña problemas coa materia por non entender os conceptos necesarios, así que ese foi o motor que nos levou a querer facer o proxecto dunha forma útil para que os compañeiros que necesiten axuda poidan comprender mellor lamateria.
 

Como funciona?
Utilizamos unha placa Mega e un módulo DFPlayer, á que se conectaron pulsadores, os cales foron elaborados tamén polos alumnos aproveitando o aprendido nun taller da Feira Maker do 2022, posteriormente procedeuse a programar cada pulsador para que cando detecte que o pulsaron, activarase unha tira de leds, sinalando os elementos pertencentes a ese grupo de elementos acompañados dun audio explicativo das propiedades, e características dese grupo de elementos. Ademais, o noso proxecto inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles, creada en AppInventor, que contén tamén información sobre a táboa periódica. Queremos que toda esta información non estea dispoñible só fisicamente senón que calquera persoa poida dispor dela a través dunha app. Desenvolveron unha aplicación de Realidade Virtual sobre o traballo nun laboratorio de Química.
 

Que achega á Comunidade Maker?
Co noso proxecto buscamos axudar aos nosos compañeiros para lograr entender a táboa periódica e as propiedades químicas de estosde unha maneira diferente, gamificada, práctica e interactiva. Consideramos que a creación de proxectos alleos ás clases tradicionais poden colaborar a crear unha nova xeración de modelos de ensino, apostando pola creatividade e a interacción dos alumnosdurante a aprendizaxe.

Quen o realizou? 
Alumnos e Alumnas de ESO e Bacharelato


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online