Proxectos

ArtyTechnology

Detrás de ArtyTechnology atópanse dous mozos makers que proveñen de mundos moi diferentes, o da arte plástica e o da tecnoloxía. Desde o punto de vista da automatización tentan xuntar o mellor dos dous mundos, creando utensilios de entretemento, criaturas fantásticas, figuras, props e outros  gadgets vestibles como máscaras e cosplays.

Todo iso lévano a cabo con materiais pouco daniños, moitos deles reciclados e tecnoloxías libres como Arduino, Raspberry Pi ou módulos de sprensift, apoiándose ademais en ferramentas como a impresión 3D e os moldes.

Nesta edición presentarannos, entre outros proxectos, o seu novo ciclope animatrónico.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online