Proxectos

IES Maximino Romero de Lema

Resumo do proxecto

Sistema para o control das condicións ambientais nas aulas e outros espazos físicos dun centro educativo.

 

Quen realizou o proxecto?

Profesorado e alumnado de CB de Informática de Oficina.

 

En que consiste o proxecto?

Deseñar un sistema centralizado para o control desde unha aplicación web das condicións ambientais das aulas e os diferentes espazos nun centro educativo para garantir que é un espazo seguro e confortable para o alumnado.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Dispoñer dun sistema que permita controlar as condicións ambientais dos diferentes espazos dun centro educativo, garantindo que sexan espazos seguros e confortables para a comunidade educativa.

 

Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)

Deséñanse medidores de baixo custo baseados en Arduino, instalados nas aulas con conectividade inalámbrica que están a medir continuamente as condicións ambientais e a calidade do aire nas aulas e almacenándoo nunha base de datos. Tamén se deseña unha aplicación web que permite consultar de forma centralizada os datos e detectar espazos non seguros para a comunidade educativa.

Este proxecto é unha evolución do proxecto  Gavieiro, nos que se deseñaba un medidor de CO2 de baixo custo.

Tecnoloxías: Arduino, Sensores de medición, Linguaxes de programación, Aplicacións web, Redes sen fíos.

 

Que achega este proxecto á Comunidade  Maker?

A posibilidade de dispoñer dun sistema de control das condicións ambientais nas aulas e diferentes espazos físicos dun centro educativo.

 


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online