Proxectos

IES Eusebio da Guarda

As autoridades recomendan manter unha distancia de 1,5 metros coas demais persoas, e no IES Eusebio da Guarda pensaron que podían facer no seu instituto para que os rapaces e rapazas manteñan esta distancia.

Unha posible solución era deseñar un aparello colgante, tipo colar, queos avisara de se estaban a menos de 1,5 metros doutras persoas.

O obxectivo do proxecto non so era construir o aparello, se non tamén dar a coñecer o movemento maker a idades novas, fomentar a creatividade e que o alumnado entenda a importancia de que as ideas se non levan a cabo quedan en nada e que grazas ás impresoras 3D modernas e aos compoñentes de diferentes plataformas como Arduino pódense materializar dunha forma rápida, económica e motivadora.

O proxecto constou de varias actividades:

- Debate entre o significado de Ciencia e Tecnoloxía.

- Debate: ¿Qué é máis importante as ideas ou levalas a cabo?

- Debate sobre a dificultade de construir un colar anticovid e o funcionamento e prezo das impresoras 3D.

- Introducción ao movemento maker con exemplos.

- Construcción do colar Covid seguindo un sinxelo manual de montaxe.

- Posta en marcha do colar e realización de probas

- Realización da técnica SCAMPER, para que o alumnado saque moitas ideas de como se podería mellorar o colar anticovid.

Colar AntiCovid trátase dun proxecto sinxelo que esperta a curiosidade do alumnado, introdúceos no mundo maker, destapa a súa creatividade e o que é máis importante, empezan a interiorizar que todos e todas poden resolver problemas que lles importen axudados pola tecnoloxía. 

Aquí podes atopar o manual completo que te axudará a poder realizar este proyecto no teu centro.


Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online